Más INFO
Co obxeto de denunciar a precariedade
das enfermeiras eventuais do Servizo Galego de Saúde, un comité de
representantes do noso colectivo presentará nos próximos días, coa
colaboración do Bloque Nacionalista Galego encabezado pola eurodiputada
Ana Miranda, unha denuncia formal no Parlamento Europeo de Bruselas.
O comité, constituído por seis
portavoces, que visitará Bruselas alén de presentar a denuncia
formalmente, reunirase con organizacións profesionais como a Federación
Europea de Enfermaría (EFN) e a Alianza de Saúde
Pública Europea. O obxetivo primordial de ditas reunións é levar as
reclamacións de miles de profesionais da Sanidade Pública de Galicia ao
máximo expoñente.
A axenda organizada polo equipo de Ana
Miranda, levará as nosas portavoces a presentar a denuncia á Comisión
de Peticións. A recepción por parte da súa Vicepresidenta Tatjana
Zdanoka, será o ápice da visita ao Europarlamento.
Queremos agradecerlle a Ana Miranda e
ao seu equipo, o apoio a unha causa que desde o seu inicio buscou non
só a mellora dun numeroso colectivo como é o das enfermeiras galegas,
senón tamén do resto de profesionais e que ,como máximo expoñente,
procura o beneficio do paciente.
Por último, non podemos deixar de
agradecer todas as mostras de apoio que temos recibido nestes últimos
meses. A presentación desta denuncia nun escenario como o do Parlamento
Europeo farase realidade gracias ao duro traballo de todas as
compañeiras e compañeiros que formamos parte deste colectivo, mais
tamén ao de todas esas persoas que nos apoian tanto de forma individual
como desde os diferentes eidos: sociais, culturais, económicos e
políticos.
É por iso que levaremos as nosas
reivindicacións con orgullo para lograr que as enfermeira consigamos o
noso principal obxetivo, ofrecer uns coidados de calidade.
#coidaaquentecoida